Muñiz de Brates
Muñiz de Brates
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre coa súa homenaxe e unha cadea saíndo polos flancos da homenaxe, ata os pescozos de dous cans, sentados nos flancos da torre, enfrontados sobre unha terraza de sinople.