Muscari
Muscari
[PLANTA]
Xénero de plantas perennes, da familia das liliáceas, que se caracterizan por presentar o bulbo e as follas basais, flores dispostas en acios terminais e de cor variada, e froitos de tipo cápsula. En Galicia está presente na zona máis mediterránea a especie M. comosum, que florece entre abril e xullo e ten flores de cor violácea.