músculo

músculo

(< lat muscŭlu)

s m [ZOOL]

Órgano carnoso que está formado por un conxunto de fibras, agrupadas en paquetes rodeados de membranas, que teñen capacidade de contracción e que son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. Poden ser estriados (de contracción voluntaria), subdivididos en esqueléticos ou cardíacos, ou lisos. Os estriados recobren o esqueleto e os lisos atópanse principalmente nos vasos, no tubo dixestivo, nas vías respiratorias e no aparello urinario.