Museo Liste
Museo etnográfico situado en Vigo, fundado en 2001 por iniciativa da Fundación Liste. Os fondos iniciais foron achegados por Olimpio Liste Regueiro e a súa muller, procedentes do seu patrimonio persoal. Instalado nunha vivenda unifamiliar de mediados do s XX, propiedade do Concello de Vigo, o seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O contido sitúase en nove salas de exposición permanente, dedicadas á cultura do centeo, á roda tradicional, á simboloxía dos oficios, ao peche, aos tecidos, á madeira escavada, á luz, á materialidade da fe, e á arte de curar. Conta cunha biblioteca especializada en temática antropolóxica, con especial atención á antropoloxía xeral de Galicia, e ten un servizo de publicacións. Pertence ao Consello Galego de Museos.