Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo

Museo creado pola Deputación Provincial de Lugo en 1932. Instalado nunha das ás do palacio provincial de San Marcos, en 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco, ocupando o claustro, o refectorio e a cociña, e un edificio de nova planta creado por Manuel Gómez Román, posteriormente ampliado. A antiga igrexa conventual converteuse na parroquial de San Pedro de Lugo. Conta cunha importante colección de arte sacra, ourivaría, obxectos e artesanía tradicional, así como seccións monográficas dedicadas á prehistoria, arqueoloxía, belas artes, etnografía e ás artes suntuarias lucenses. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.