musicoloxía

musicoloxía

(< músico + -loxía)

s f [MÚS]

Conxunto de disciplinas que estudan a música como feito de cultura. Comprende numerosas ramas que son obxecto dunha grande especialización: a estética e a socioloxía musicais, a socioloxía e a psicoloxía do son, a mecánica dos instrumentos, a etnoloxía musical e a rama histórica, que estuda a evolución do ritmo, da melodía, do contrapunto, da harmonía, as formas e os xéneros musicais, e tamén a evolución dos instrumentos. Ciencias auxiliares da musicoloxía son a paleografía, a cronoloxía, a bibliografía e a iconografía, entre outras. En 1927 foi fundada en Basilea a Sociedade Internacional de Musicoloxía, entidade que publica a revista científica Acta Musicologica, e que ten celebrado congresos por todo o mundo.