muskogee*
muskogee*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo muskogee.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo muskogee.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de tribos indíxenas de América do Norte que estendían a súa influencia desde o SL do golfo de México ata Tennessee, e desde Carolina do Sur ata Louisiana. Constituían máis unha unidade lingüística ca étnica. Vivían da agricultura en aldeas fortificadas. Queda un grupo reducido en Oklahoma.