mustélido -da

mustélido -da

(< lat científico Mustela)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mustélidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos mustélidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos, da orde dos carnívoros, de tamaño medio ou pequeno, que presentan o corpo alongado e glándulas odoríferas moi desenvolvidas na zona do ano. Teñen patas curtas, orellas reducidas e presentan cambios na coloración da pel segundo as estacións. Esta familia inclúe especies típicas de terra firme, como o furón, o visón e a mofeta, e outras que se moven preferentemente por ríos e torrentes, como a marta e a londra.

Palabras veciñas

Musta’ im bi-Llāh, al- | Mustela | Mustela | mustélido -da | Mustelus | Musteriano | musteriano -na