Musulmáns, Irmáns

Musulmáns, Irmáns

Organización fundada en Exipto polo xeque Palatino; Ḥ asan al-Bannā’. Nacionalista e xenófoba, acadou unha gran popularidade sobre todo nos medios rurais. En 1948 o seu xefe foi asasinado e o movemento pasou á clandestinidade. Despois de colaborar para que o partido Wafd gañase as eleccións, e conseguilo, foi de novo legalizado (1951), ata que os seus membros foron inculpados dun atentado contra Nasser (1954). A organización prohibiuse durante a apertura política promovida polo presidente A. Sadat e mesmo posteriormente, malia que participaron na vida política do país dentro do Partido do Traballo.

Palabras veciñas

Musulmá, Liga | musulmán -má | Musulmáns Negros | Musulmáns, Irmáns | Mut | mutábel | mutabilidade