Mutua Gallega
Mutua Gallega
Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social fundada en 1958. É unha asociación de empresarios, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que colabora na xestión da Seguridade Social e que centra a súa actividade na cobertura dos riscos derivados dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Asume tamén a prestación económica de incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral e os servizos de prevención para as empresas aseguradas. Concibe o accidente laboral como un todo único e o seu estudo e tratamento inclúe os niveis preventivo, asistencial e de rehabilitación.