Nadal, Premio
Nadal, Premio
Premio que convoca desde 1944 Ediciones Destino para lembrar a figura dun dos seus fundadores, Eugeni Nadal, e que pretende recoñecer a valía dunha obra escrita en lingua castelá. A primeira gañadora do premio foi Carmen Laforet con Nada (1944). Outros gañadores destacados foron Miguel Delibes (1947), Luis Romero (1951), Rafael Sánchez Ferlosio (1955), Ana María Matute (1959), Álvaro Cunqueiro (1968), Francisco Umbral (1975), Alfredo Conde (1991), Gustavo Martín Garzo (1999), Fernando Marías (2001) e Antonio Soler (2004).