nahua
(< nahua náhuatl)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pobos nahua ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo dos pobos nahua.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de pobos de América Central. Posiblemente orixinarios de Utah, cara a 2000 a C descenderon ao territorio centroamericano na busca de terras máis prósperas. Entre eles destacaron os pobos precolombinos azteca, tolteca ou chichimeca. Habitan na Meseta Central de México, entre a Sierra Madre Oriental e a Sierra Madre Occidental e a súa economía é tradicional, baseada na agricultura e na artesanía.
-
s
m
[LING]
Lingua utoazteca do phylum amerindio que ten uns 800.000 falantes en México. Cando a coroa hispánica conquistou o país falábana de 2 a 5 millóns de persoas, pero a influencia do castelán fixo que houbese unha regresión da lingua. Ten tres dialectos: o náhuatl, ou azteca cláscio, o náhual e o náhuat.