narcisismo
narcisismo
(< antropónimo Narciso)
-
s
m
[PSIC/PAT]
Amor dirixido cara ao propio eu ou ao ideal do eu. Orixinariamente dáse nas primeiras fases libidinosas, coñecido como narcisismo primario. O narcisismo secundario forma parte das enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia e a paranoia. Un certo grao de narcisismo forma parte necesariamente da personalidade.
-
s
m
Satisfacción ou admiración excesiva dun mesmo.