narcotráfico
narcotráfico
(< narco- + tráfico)
s
m
Comercio ilegal mediante o que se desprazan os tipos de drogas desde os diversos países en que se producen e elaboran ata os lugares onde se consomen. O comercio das substancias estupefacientes en case todos os países do mundo está penado con castigos de maior ou menor grao, incluso nalgúns países do Sueste asiático poden chegar ata a pena de morte. Adóitase penalizar o tráfico ou o seu comercio, pero non o seu consumo. Colombia, Perú e Bolivia son os grandes centros produtores de substancias narcóticas.