narigudo -da
narigudo -da
(< lat v *naricūtu)
-
adx e s
Que ou quen ten o nariz grande.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos primates que se caracteriza por un nariz carnoso e alongado que colga sobre a boca, de maior tamaño nos machos ca nas femias. Ten o pelame de cor castaña, máis clara no peito e na cara ca no lombo. Os machos miden uns 75 cm e as femias arredor de 60 cm. Mantense en grupos integrados por un macho adulto, varias femias adultas e as súas crías. Habita na illa de Borneo, en bosques pantanosos, bosques mangleiros e bosques costeiros, e é bo nadador. A súa alimentación consiste principalmente en froitas, follas e invertebrados. OBS: Tamén se denomina mono narigudo.