Narodnaja Vol’a

Narodnaja Vol’a

Organización clandestina de revolucionarios terroristas xurdida en 1879 en Rusia. Propuxéronse derrocar o absolutismo, establecer unha república democrática e entregar as terras aos labregos e as fábricas aos obreiros. A súa acción máis importante, o asasinato do Tsar Alexandre II (1881), representou a fin da organización.

Palabras veciñas

narnexar | narnexo -xa | narno | Narodnaja Vol’a | Narodnij Komissariat Vnutrennikh Del | Narón | Narón