Natica
Natica
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos natícidos, de forma arredondada, cun pé moi amplo e extensible. Habitan nos fondos mariños areentos, aliméntanse de lamelibranquios e poden disolver a súa cuncha grazas a unha secreción aceda producida pola súa rádula. En Galicia atópase a especie N. catena.