Natrix
Natrix
[ANIMAL]
Xénero de réptiles, da familia dos colúbridos, que presentan o corpo groso e a cabeza ben diferenciada do colo e cuberta de grandes placas lisas. O corpo é pardo cinsento, con escamas dorsais carenadas e o ventre de cor branca. Pertencen a este xénero a cobra de colar (N. natrix) e a cobra viperina (N. maura), que se poden atopar en Galicia.