Náutico

Náutico
[PUBLIC]

Boletín editado en Vigo a partir de 1984. Subtitulouse “Revista Social del Real Club Náutico de Vigo” e actuou como voceiro desta entidade. Dirixida por Emilio Jambrina, centrou o seu interese no mundo do mar e das competicións deportivas. Así, incluíu diversos apartados sobre remo, vela, natación, fotografía submariña e pesca, ademais das propias actividades sociais e culturais do Club Náutico.

Palabras veciñas

Nausífanes | nauta | náutica | Náutico | náutico -ca | nautílido -da | náutilo