Navia

Navia
[ONOM]

Antropónimo galego de orixe toponímica de recente introdución (San Paio de Navia, San Miguel de Návea ou Navia de Suarna), que pode proceder dunha raíz nav- ‘embarcación, nave’. Para outros investigadores pode aludir á ‘auga’, como elemento natural imprescindible para a vida, ou á ‘navegación’, pois tamén é nome de ‘río’ (Návea, Navia).