Navia, castelo de
Navia, castelo de
Construción situada na Proba de Navia (Navia de Suarna). As primeiras noticias da súa construción datan do segundo terzo do s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas e reconstruírono os condes de Altamira no último terzo do s XV. Perdeu o seu carácter defensivo para adquirir unha planta semicircular en que predomina o aspecto residencial. Deste período consérvanse algúns elementos decorativos como os vans oxivais. Destaca a súa situación, asentado sobre rocha, e conserva o triplo portón de entrada en tres niveis diferentes e parte das primitivas murallas e torres defensivas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.