Nayarit
Nayarit
Estado de México, situado entre a Sierra Madre Occidental ao L, o Pacífico ao O e a cordilleira Neovolcánica ao S (26.979 km2; 920.185 h [2000]). A súa capital é Tepic. O seu relevo é montañoso e acada as máximas altitudes na cordilleira Sur (Sanjuán, 2.300 m; Ceboruco, 2.164 m). A economía baséase na agricultura e na gandaría.