Nebraska

Nebraska

Estado de EE UU (200.350 km; 1.711.263 h [2000]). A súa capital é Lincoln. Estendido pola parte central das Grandes Chairas, constitúe unha chaira ondulada inclinada de O a L. Está atravesado polos afluentes da dereita do Missouri, que bordea o estado polo NL e o L. É unha rexión agrícola moi importante onde destacan o trigo, o sorgo, o centeo, as patacas, a avea e a remolacha, así como a industria conserveira, química e siderometalúrxica. Habitada polas tribos pawnee, omaha e cheyenne, o territorio foi atravesado, infrutuosamente, por Francisco Vázquez Coronado en 1541. A zona caeu baixo a influencia dos franceses da Louisiana, que a venderon en 1803 a EE UU. En 1854 acadou o estatuto de territorio xunto con Kansas. A construción do ferrocarril impulsou a economía, e en 1867 converteuse no trixésimo sétimo estado da Unión e aboliu a escravitude.

Palabras veciñas

nebra | Nebra | Nebra, pazo de | Nebraska | Nebrija Lebrija | nebulado -da | nebular