nebulizador

nebulizador

(< nebulizar)

  1. s m [MED]

    Aparato pulverizador que permite obter unha dispersión fina dunha substancia medicamentosa para facilitar a súa acción sobre o organismo.

  2. s m [AGR]

    Difusor de pequenas dimensións de rego que vaporiza a auga a distancia reducida. Funciona a presión elevada, entre 3 e 8 kg/cm 2 , e emprégase nos invernadoiros para conseguir unha alta humidade relativa no aire.

Palabras veciñas

nebulio | nebulita | nebulización | nebulizador | nebulizar | nebulosa | nebulosidade