neceser

neceser

(< fr nécessaire)

  1. s m

    Estoxo onde se gardan os utensilios para un determinado uso.

    Ex: As agullas están no neceser da costura.

  2. s m

    Maletín ou bolso de pequeno tamaño que se emprega para levar os obxectos persoais máis necesarios nunha viaxe, particularmente os de aseo.

    Ex: Xa che metín o desodorizante no teu neceser.

Palabras veciñas

necara | Necator | necesario -ria | neceser | necesidade | necesidade | necesitado -da