necrópole

necrópole

(< grνεκρὁπολις ‘cidade dos mortos’)

  1. s f [ARQUEOL]

    Conxunto de sepulcros anteriores á era cristiá. Designou primeiramente os sepulcros de Alexandría en Exipto, pero empregouse posteriormente para referirse aos cemiterios de época prehistórica ou antiga, que constitúen unha das fontes de documentación estudadas polos arqueólogos. Os enterramentos poden ser individuais, de parella ou familia nuclear, ou colectivos de grupo ou clan, segundo as culturas e as épocas. Antes do cristianismo, todos os pobos crían que era indispensable para a vida futura que os mortos dispuxesen de elementos iguais aos que usaran en vida, como comida, armas e, nas civilizacións clásicas, moedas e lámpadas.

  2. s f

    Cemiterio de grandes dimensións onde abundan os monumentos fúnebres.

Palabras veciñas

necrolóxico -ca | necroloxio | necron | necrópole | necropsia | necrosado -da | necrosar