néctar
néctar
(< lat nectar < gr νέκταρ)
-
s
m
[MIT]
Bebida que tomaban os deuses gregos e que lles proporcionaba a inmortalidade. Na época máis antiga non se diferenciaba entre o néctar e a ambrosía, pero máis tarde, o néctar foi considerado bebida e a ambrosía alimento. Finalmente, identificouse o néctar co hidromel ou o mel.
-
s
m
[ALIM]
Bebida de sabor agradable que se elabora a base dunha mestura de zumes de froitas pulposas, auga e azucre.
-
s
m
[BOT]
Líquido azucrado que segregan moitas plantas a través dos nectarios e que atraen aos insectos e aos paxaros nectarívoros, responsables da súa polinización e que constitúe a base do mel.