Neftalí

Neftalí

Unha das doce tribos israelitas. O nome deriva do seu epónimo, fillo de Xacob. O seu territorio ocupaba as montañas orientais de Galilea. No esquema xenealóxico dos 12 fillos de Xacob-Israel, Nerftalí figura como o segundo fillo de Balá, a criada de Raquel. Segundo un documento contemporáneo, no s XII a C os homes de Neftalí capitanearon a revolta das tribos contra o dominio das cidades cananeas de Taanac e Megiddo.

Palabras veciñas

nefrotomía | nefrótomo | nefroxénico -ca | Neftalí | Neftis | negábel | negable