negación

negación

(< lat negatĭône)

  1. s f

    Acción e efecto de negar.

    Antónimos: afirmación.
  2. s f

    Cousa ou persoa que é totalmente contraria a outra.

    Ex: María é a negación de súa irmá.

  3. s f

    Falta de aptitude ou carencia absoluta dalgunha cousa.

    Ex: De pequeno era unha negación en inglés.

  4. s f [LING]

    Palabra ou procedemento gramatical polo que se nega.

  5. s f [FILOS/MAT]

    Tipo de conectiva lóxica que, dada unha proposición p, represéntase cos símbolos Ip, ~p, p, e está definida pola táboa da verdade:


    FORMULA


    Cando desde un referencial predeterminado se define un conxunto mediante unha función proposicional p(x), a función I p(x) define o conxunto t complementario.

Palabras veciñas

Neftis | negábel | negable | negación | negado -da | negar | negativa