negativo -va

negativo -va

(< lat negatīvu)

  1. adx
    1. Que expresa ou contén unha negación.

    2. [LING]

      Aplícase ao termo, partícula ou negación que serve para negar.

  2. adx

    Que implica a negación ou a ausencia dunha cousa.

    Ex: A proba da alcoholemia foi negativa.

  3. adx

    Que ten unha actitude pesimista e desfavorable sobre todo o que o rodea.

    Ex: Non sexas tan negativo que todo sairá ben.

  4. adx

    Que resulta prexudicial ou nocivo.

    Ex: O balance anual foi negativo para a empresa.

  5. adx e s m
    1. [IMAX]

      Aplícase á primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, en que os tons escuros e claros son opostos aos da realidade fotografada. OBS: Tamén se denomina clixé.

    2. [ARTE]

      Aplícase á imaxe que reproduce a que se desexa obter de modo inverso.

  6. adx
    1. Relativo ou pertencente á electricidade negativa.

    2. [FÍS]

      Aplícase á electricidade que se produce en corpos como a resina, a ebonita ou o plástico, ao ser fretados cun pano.

    3. [TECNOL]

      Aplícase ao polo dun xerador eléctrico que é capaz de subministrar electróns ao circuíto exterior, como o ánodo dun xerador electroquímico.

  7. adx [MAT]
    1. Aplícase á dirección, á semirrecta ou  á superficie, oposta á correspondente positiva.

    2. Aplícase ao ángulo que ten o mesmo sentido ca o do xiro das agullas do reloxo.

  8. adx [MAT]
    1. Aplícase ao número e á magnitude menor ca cero.

    2. Aplícase ao signo menos (-) que se emprega para designar os números negativos e as magnitudes negativas e para designar a operación de restar.

Palabras veciñas

negativa | negatividade | negativismo | negativo -va | negatón | negatoscopio | negatrón