Negroponto
Negroponto
Nome que recibiu, nas épocas medieval e moderna, a illa de Eubea. Dominio de Venecia no s XIII, cando os cataláns ocuparon o ducado de Atenas apoderáronse tamén da illa (1317). En 1351 foi defendida por cataláns e venecianos aliados contra os xenoveses. Caída en poder dos turcos no s XV, incorporouse a Grecia en 1821.