Neira
Neira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que ten a súa orixe na provincia de Lugo, e que logo se estendeu por toda Galicia, Castela, Extremadura e Andalucía. Trae como armas, en campo de ouro, dúas faixas onduladas, de azul e bordura de sinople, con cinco vieiras de azul. Outros traen, en campo de prata, unha cruz floreteada, de goles, cargada de catro vieiras de prata, e, en punta, ondas de auga de azul e prata.