Neith
Neith
[MIT]
Deusa exipcia e líbica. Divindade guerreira, presentaba como un dos seus emblemas un arco con dúas frechas. Era protectora do Delta, nai de Ra e deusa da inundación. Durante a dinastía XXVI foi a principal divindade de Exipto por ser Sales a capital do país.