neoescolástica

neoescolástica

(

s f [RELIX/FILOS]

Corrente filosófica que xurdiu en Roma no s XIX, e que supuxo un retorno aos grandes clásicos medievais, sobre todo a santo Tomé de Aquino. O seu fin foi o de poder polemizar máis convincentemente cos novos movementos filosóficos. Como unha restauración da escolástica, e máis particularmente do tomismo, foi alentada por León XIII a través da encíclica Aeterni Patris (1879). Esta renovación deu pé á creación de importantes centros filosófico-teolóxicos en Lovaina, Milán, Friburgo e París.

Palabras veciñas

neodevoniano -na | neodimio | neoendemismo | neoescolástica | neoescolástico -ca | neofalante | neofascismo