neokantismo

neokantismo

(< neo- + kantismo)

s m [FILOS]

Corrente filosófica que xurdiu a mediados do s XIX baixo a idea de O. Liebmann, de recuperar o pensamento de Kant. A súa influencia estendeuse ata finais do s XX. Os seus representantes principais situáronse maioritariamente en Alemaña: A. Lange, H. Hemolz, A. Riehk, a escola de Marburg, con H. Cohen, P. Natorp, E. Cassirer e a de Baden con W. Windelband, H. Rickert e B. Bauch. OBS: Tamén se denomina neocriticismo.