neoteroi*
neoteroi*
s
m pl
[LIT]
Grupo de poetas novos romanos da primeira metade do s I a C, que imitaban os modelos alexandrinos para introducir certas innovacións na poesía latina. Considerados os creadores da lírica romana, as súas composicións son breves, de gran perfección técnica e beleza formal e estilística. A partir deles, denomínase neoteroi aos poetas novos que, formando grupo ou escola, pretenden introducir innovacións na linguaxe, na forma ou no fondo da expresión poética. Os seus principais representantes son Valerio Catón e Caio Valerio Catulo do que se conserva a súa obra Catulli Veronensis Liber (Libro do veronense Catulo).