Nerio

Nerio
[PUBLIC]

Boletín publicado en Corcubión a partir de marzo de 1985. Cesou o 7 de decembro dese mesmo ano. Subtitulouse “Boletín informativo do Concello” e foi editado polo goberno municipal cunha periodicidade mensual. Coordinado por X. M. Currás Rúa, apareceu na cabeceira “segunda época”. As actividades do concello, historia local, ecoloxía ou tradicións constituíron algúns dos seus contidos.

Palabras veciñas

Neri, Filippo | Nerio | Nerio | Nerio | nerios | nerítico -ca | Nerium