nespereira
(< néspera)
-
s
f
[PLANTA]
Pequena árbore ou arbusto caducifolio de ata 6 m de altura, de follas simples, alternas, oblongo-lanceoladas, enteiras ou lixeiramente serradas no ápice e cun pequeno pecíolo, flores solitarias, terminais, pentámeras de cor branca e froito en baga de cor parda-verdosa con puntos vermellos. Florece en primavera, entre abril e maio. Aparece asilvestrada en bosques frescos ou húmidos ata os 1.500 m de altitude. É orixinaria do SO de Asia e do SL de Europa. Cultívase en case todo o mundo polos seus froitos comestibles.
-
nespereira do Xapón
[PLANTA]
Árbore caducifolia de ata 10 m de altura, de follas alternas, coriáceas, oblongo-elípticas ou lanceoladas, máis ou menos pubescentes e enteiras ou serradas, flores dispostas en panículas terminais de cor branca e de froitos, as nésperas, escuras, piriformes ou arredondadas, de pel alaranxada e comestibles. Florece a finais de outono ou no inverno, entre outubro e xaneiro. Cultívase como planta ornamental en parques ou xardíns e tamén para aproveitar os seus froitos. É orixinaria de China e cultívase en zonas temperadas e cálidas de Asia, Europa e América. En Galicia pódese atopar en diversas zonas do litoral.