neuropsiquiatría

neuropsiquiatría

(

s f [MED]

Especialidade médica que se ocupa do conxunto das afeccións nerviosas, mesmo daquelas que non teñen unha base orgánica demostrable. Esta especialidade é froito da existencia de teorías organicistas que propugnan unha rigorosa asimilación das enfermidades mentais a afeccións encefálicas. O progreso das ciencias médicas permitiu unha delimitación cada vez máis grande de ambas as dúas especialidades, que diferencian tanto o obxecto de estudo como os métodos de análise.

Palabras veciñas

neuróporo | neuropsicoloxía | neuropsiquiatra | neuropsiquiatría | neuróptero -ra | neuroquímica | neurorrafia