neutro -tra
(< lat neutru `nin o un nin ooutro´)
-
adx
-
Que non presenta características distintivas.
-
Que non toma partido por ningunha das opcións posibles.
-
-
adx
[BIOL]
asexuado.
-
adx
[BOT]
Aplícase á flor estéril, falta de androceo e de xineceo.
-
adx
[TECNOL/FÍS]
Que non ten carga eléctrica total, porque a carga negativa é contrarrestada pola positiva.
-
adx e s
m
[ENX]
-
Aplícase ao punto dun sistema simétrico que se atopa a un potencial nulo, e con frecuencia unido á terra.
-
Aplícase ao punto común da estrela, ou do condutor ou do borne correspondentes, nun sistema polifásico en estrela.
-
-
adx
[FÍS]
Aplícase á substancia ferromagnética que non posúe imantación ou que foi desimantada artificialmente.
-
adx
[QUÍM]
-
Que non é ácido nin básico.
-
Aplícase especialmente ás solucións acuosas que conteñen os ións H + e OH - en cantidades idénticas.
-
Aplícase aos sales que en solución non presentan reaccións de hidrólise ácida nin básica.
-
-
adx e s
[LING]
Aplícase ao xénero gramatical que se opón, nunha clasificación de tres xéneros, ao masculino e ao feminino. Esta oposición fundaméntase no criterio semántico de ‘sexo’. En galego só se conservan restos do xénero neutro nos pronomes demostrativos isto, iso, aquilo.