Nicea, Concilio I de

Nicea, Concilio I de

Primeiro concilio ecuménico, convocado en 325 polo Emperador Constantino I e ratificado por Silvestre (314-335), coa finalidade de combater o arianismo. Condenou a tese de Ario, insistiu no concepto teolóxico do homoousios, segundo o que o Fillo é consubstancial co Pai, e fixou a data de Pascua no domingo seguinte ao primeiro plenilunio de primavera. Durante a súa celebración aprobouse a declaración de fe coñecida como Símbolo Niceno.