Nicetas, san o Confensor
Nicetas, san o Confensor
(s VIII) Mártir. Foi santo militar da Igrexa Grega e tivo que exiliarse por causa da súa oposición á orde do Emperador León V de destruír unha icona do Salvador. Iconograficamente represéntase cunha armadura e cun disco de ouro coa imaxe de Xesús Cristo na man. A súa festividade celébrase o 20 de marzo.