nicolaísmo
nicolaísmo
(< antropónimo Nicolao)
-
s
m
[RELIX]
Doutrina da seita libertina gnóstica dos nicolaítas, á que se fai mención na Apocalipse, que defendía o abuso dos praceres carnais para matar a concupiscencia. A finais do s II o nicolaísmo enfrontouse a outras seitas. Ireneo de Lyon fixo os nicolaístas discípulos de Nicolao, prosélito de Antioquía.
-
s
m
[RELIX/HIST]
Incontinencia da clerecía e doutrina contraria ao celibato eclesiástico na Idade Media e durante a reforma gregoriana.