nielado -da

nielado -da

(< nielar)

  1. p reg

    de nielar.

  2. s m [ARTE]

    Decoración obtida nun metal, especialmente na prata, mediante o nielo. A arte do nielado foi practicada orixinalmente en Bizancio, pero durante o s VII destacou Marsella como centro produtor, e no Renacemento, Italia, con A. Benci (Pollaiolo) e B. Cellini. Desde 1830, o nielo obtívose mediante a oxidación da prata.