Nigra Trea, Edicións

Nigra Trea, Edicións

Empresa editorial fundada en Vigo en 1998 coa vontade de recuperar a memoria galega a través de libros coidados e ilustrados. Con Gonzalo Allegue Otero como director, a súa liña editorial centrouse no ensaio, o turismo, a historia e a etnografía. Destacan as coleccións “Retrato de Galicia”, “Andaina”, “Libros da Brétema” e “Colección Maior”.