nihilismo
(
-
s
m
[FILOS]
Doutrina que nega radicalmente a posibilidade do coñecemento. A corrente nihilista, dogmatización do escepticismo e vinculada a miúdo co pesimismo, caracterízase por unha actitude negativa respecto a todo. Segundo Nietzsche o nihilismo é a consecuencia da interpretación da existencia dada pola Europa cristiá e moderna.
-
s
m
[SOCIOL/POLÍT]
Doutrina segundo a que non se recoñece ningunha autoridade, nin no terreo social nin no político. Neste sentido político, o vocábulo foi empregado e divulgado polo escritor ruso Ivan Turgenev. Poden ser considerados como manifestacións de significado nihilista os atentados terroristas contra persoas consideradas representativas da orde social vixente, como tamén a indisciplina estrutural entendida como rexeitamento do rigor da organización e da acción programada.