nilo-sahariano -na

nilo-sahariano -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás linguas nilo-saharianas.

  2. s [LING]

    Phylum lingüístico de linguas africanas que se falan nunha área que abarca de Mali a Etiopia e de Exipto ao N de Tanzania. Comprenden as familias lingüísticas  koma, maba, sahariano (co Kanuri), sudanés oriental (no que están algunhas das linguas máis faladas como o masai, luo ou  nuer que pertecen ao nilótico e o nubio), sudanés central, kunama, berta, songhai e fur.