ninfa
ninfa
(< lat nympha < gr νὑμφη)
-
s
f
[MIT]
Cada unha das divindades da natureza veneradas polos gregos antigos como xenios femininos das fontes, dos ríos e dos lagos (náiades), dos bosques (dríades) e das montañas (oréades). Considéranse divindades secundarias, que segundo a tradición homérica descenden de Zeus, e acostuman formar parte do séquito dunha divindade superior. Na mitoloxía romana foron identificadas coas camenas.
-
s
f
[ANAT]
Beizo menor da vulva.
-
s
f
[ENTOM]
Forma que se presenta na metamorfose dos insectos holometábolos entre a última muda larval e o estado adulto.