Nínive

Nínive

Antiga vila de Asiria, na beira esquerda do Tigris, en fronte á actual Mosul. Habitada a partir do IV milenio, tivo un gran desenvolvemento durante a época sargónida (700?-612 a C), cando foi a capital de Asiria. Foi destruída en 612 a C pola coalición dos medos e os babilonios. Escavada desde 1847, foron descubertos o palacio de Sennàquerib, o templo de Nabû e o de Ištar, a importante biblioteca de Asurbanipal e unha complexa rede de canais.

Palabras veciñas

ninhidrina | Ninhursag | Nínive | Nínive | niño | Niño do Corvo | Niño do Corvo