Nissan Motor Company
Nissan Motor Company
Empresa automobilística xaponesa, que se creou en 1933. O seu domicilio social está en Yokohama e as súas oficinas centrais en Toquio. Os seus vehículos levaron a marca Datsun ata 1981 e nos últimos anos aumentou a súa presenza internacional, especialmente en América e Europa. En 1999 Renault e Nissan asinaron un acordo estratéxico que lle permitiu á marca nipona superar unha crise financeira.